Blanca Cendán é a nova directora do Centro Dramático Galego

O Consello de Dirección de Agadic tomou esta dirección o pasado venres

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Blanca Cendán é a nova directora do Centro Dramático Galego

Foi a candidata mellor valorada do primeiro concurso público convocado para escoller ao responsable do Centro Dramático Galego. Por iso, Blanca Brage Cendán (Ares, 1965) é a nova directora do buque insignia do teatro do país por méritos propios. E chega para montar a obra, aínda sen data definida, dun autor galego recoñecido que “posiblemente será Cunqueiro”. Formada nos Chévere, Cendán prestará moita atención ao teatro musical por iso, no 2011 aproveitará a celebración do Ano Internacional da Música, para recuperar A ópera de a patacón en versión Bercht e Weill. Entre as súas preocupacións recollidas en varios medios de comunicación esta fin de semana, Cendán apuntou a necesidade de recuperar público, buscar unha maior presenza exterior e contar cun equipo asesor.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Punto e seguido

Punto e seguido

Blanca Cendán: “Vou ser unha directora que xestiona e non dirixe”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Teatro, Ópera, Medios de comunicación...