O Consello de dirección de Agadic reúnese o venres para elexir o futuro responsable do CDG

O 15 de abril remata o prazo legal para resolver o concurso

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

É o que ten a última palabra, o consello de dirección de Agadic deberá decidir se acepta ou non a proposta do comité de valoración que avaliou o proceso público convocado para elexir ao futuro responsable do Centro Dramático Galego (e no que figuran tres candidatos: Antonio Simón, David Subík e Blanca Brage Cendán). A xuntanza terá lugar este venres, aínda que Juan Carlos Fasero, director do organismo, non precisou se ese mesmo día se fará pública a decisión ou se agotará o prazo legal establecido para resolver o concurso público, que será o vindeiro día 15 de abril.

O consello de dirección de Agadic está composto por:

PRESIDENTE
Roberto Varela Fariña, conselleiro de Cultura e Turismo

VOGAIS
-Francisco López Rodríguez, director xeral de Promoción e Difusión da Cultura
-Cristina Fabeiro Varela, subdirectora xeral de Difusión Cultural e Publicacións
-Juan Carlos Fernández Fasero, director da AGADIC
-María Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio (Consellería de Economía e Industria)
-Rosa María Pedrosa Pedrosa, secretaria xeral e do Patrimonio (Consellería de Facenda)

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Pautas para o camiño

Pautas para o camiño

A consecución de público e o encontro coa profesión son algúns dos retos que deberá afrontar o responsable do CDG

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Juan Carlos Fasero, Carlos Fernández, Roberto Varela...