Só tres candidatos a dirixir o Centro Dramático Galego

A lei da AGADIC establece que o futuro responsable ha de ser licenciado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O director e escenógrafo, Antonio Simón; a actriz e cofundadora da Sala Nasa, Blanca María Brage e David Súbik son os tres candidatos a converterse no futuro responsable do director artístico do Centro Dramático Galego. En total presentáronse cinco solicitudes, das que dúas foron rexeitadas por non cumprir cun dos requisitos da convocatoria: ser titulado superior. Tratábase dunha esixencia da convocatoria acorde coa Lei da AGADIC, que esixía ese nivel de formación para o responsables das súas unidades de produción. Agora, superado o prazo administrativo reglamentario para as alegacións, reunirase o comité de valoración que puntuará os proxectos artísticos que logo elevará ao Consello de Dirección da AGADIC o seu director-xerente, Juan Carlos Rodriguez Fasero, para o seu nomeamento. En todo caso, o prazo límite para resolver o concurso é dun mes.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pautas para o camiño

Pautas para o camiño

A consecución de público e o encontro coa profesión son algúns dos retos que deberá afrontar o responsable do CDG

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Sala Nasa, Axencia Galega das Industrias Culturais