Antonio Simón, Blanca Cendán ou David SubÃk. Son os tres finalistas do concurso público para escoller o futuro responsable do Centro Dramático Galego, o buque insignia do teatro galego. O comité de avaliación reuniuse o luns 22 e, segundo as fontes consultadas, xa ten elixido un nome que se comunicará despois de resolver trámites administrativos. Mentres tanto, revisamos os retos que lle agardan como cabeza visible do teatro do paÃs.
“Creo que o reto é volver conquistar máis público e facer producións que non poden facer as compañÃas privadas e, polo tanto, máis ambiciosas a nivel presupostario e de contratación” asegura Vicente Montoto, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Un factor no que tamén incide Inma López Silva especialista nesta materia, xa que baixo o tÃtulo “Sistema teatral e institucións” ten realizado unha tese de doutoramento que estudou en profundidade o caso do teatro galego. López Silva asegura que “un dos retos é a consecución definitiva dos públicos. Nos últimos tempos, o Centro Dramático Galego volveu a aquela época na que era un referente para os públicos e falta por consolidalos”. Non é, na súa opinión, o único reto que ten que asumir o teatro público, senón que ha de “conseguir a definitiva consolidación das relacións coa profesión, xa que hai unha crenza de que o CDG está lonxe e que vive de costas ás demandas da profesión. CumprirÃa que se resolvera dunha vez por todas este desencontro”.
E logo está a consolidación como o referente do teatro galego e en galego. Para López Silva “está en constante periodo de perder esa referencia como a compañÃa de repertorio teatral galego ante os cambios de goberno”. Ata o momento, o Centro Dramático Galego desenvolvÃa unha programación anual (de xaneiro a decembro) baseada en tres montaxes. Nos últimos tempos, optouse pola coprodución, como unha forma de garantir un maior número de actividades e, ao tempo, darlle cabida a compañÃas privadas para poder realizar espectáculos maiores. Sen embargo, Inma López Silva asegura que considera que é preciso que se revive o modelo de traballo. “O CDG como entidade deberÃa ser reformado para iso, deberácontar cunha programación A ou B, para o que serÃa necesario unha sala A e outra B que requerirÃa un investimento en infraestruturas que creo que o goberno neste momento non será quen de asumir, para poder conseguir unha maior combinación en busca de maior públicos e, ao mesmo tempo, poder representar repertorio teatral galego, do tetro universal e máis contemporáneo”.
Un director por concurso
O director do Centro Dramático Galego que se anuncie nos vindeiros dÃas será o primeiro que estea no posto despois dun modelo de concurso público. Por exemplo, o actual director do Centro Dramático Nacional, Gerardo Vera, foi elexido por nomeamento aÃnda que desde o gabinete de prensa desta institución, afirman que para o vindeiro responsable (que se elixirá no 2011) xa se aplicará o “código de boas prácticas” que regula o nomeamento por concurso de méritos. En todo caso, o sistema de concurso elexido para o responsable de dirixir o buque insignia do teatro galego non satisfai a maiorÃa da profesión por varias razóns: desde a esixencia dunha titulación (mérito requerido pola Lei do Agadic) ata o salario proposto (retribución bruta de 39.432,89 euros ao ano). “Creo que unha das cousas que me parece máis grave que relega o cargo cun salario tan baixo que non garante o perfil de excelencia. Os coñecementos, compromisos e responsabilidades tamén se pagan” apunta Inma López Silva.
A convocatoria establecÃa un mÃnimo de 60 puntos (a licenciatura era requisito excluÃnte e non puntuable) no que se valoraba a memoria-proxecto para tres temporadas, coñecementos idiomas e actividade formativa como posgraos en xestión cultural e teatral. A memoria será a especie de “biblia” que, en trinta páxinas resumirá os principios do seu proxecto teatral e haberá que xa explicará e desentrañará o gañador do concurso.