Controversia no nomeamento do responsable do Centro Dramático Galego

A decisión última correspóndelle ao Consello de dirección de Agadic

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

O Centro Dramático Galego segue sen responsable desde que fóra destituída Cristina Domínguez no pasado mes de setembro. Desde entón, púxose en marcha un concurso público para nomear o seu sucesor e instaurar o “código de boas prácticas” (que establece a designación por concurso) e que están a abandeirar todos os responsables de unidade de produción artística en todo o Estado. O conflito chegou cando a semana pasada un grupo de profesionais do ámbito da cultura enviaron unha carta solicitando apoio para un dos tres candidatos (Blanca Cendán) e evitar así que non se declarase deserto o concurso. Desde a Agadic non hai ningún comunicado oficial, malia que a comisión de valoración do concurso se reuniu o pasado luns 22 de marzo. En todo caso, a decisión última correspóndelle á ao Consello de dirección de Agadic que deberá ratificar ou non o ditame da comisión de valoración e nomear ao futuro responsable da unidade de produción teatral do país.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez, Axencia Galega das Industrias Culturais