O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero, cesou onte as directoras do Centro Dramático Galego (CDG), Cristina DomÃnguez, e mais do Centro Coreográfico, Natalia Balseiro. Ao tempo, Fasero anunciou que a vindeira dirección do Centro Dramático seleccionarase mediante un concurso público, que agarda estea resolto para finais do ano. O director de AGADIC sinalou que se manterá a programación do centro, aÃnda que se atrasará a produción propia prevista. DomÃnguez ficara no seu posto por solicitude de Roberto Varela, conselleiro de Cultura, coa misión de coordinar a transición neste organismo logo das eleccións. No entanto, no pasado mes de agosto, o portavoz de Cultura do PP, Ignacio López Chaves denunciou irregularidades na xestión do CDG e criticou duramente a directora agora cesada.