Cultura destinará 200.000 euros a darlle máis saída aos espectáculos escénicos

Agadic adiará a 2011 a revisión do Plan Galego das Artes Escénicas

29/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

Roberto Varela e e Juan Carlos Fernández Fasero, conselleiro de Cultura e director de Agadic, reuníronse onte cos respresentantes dos diferentes sectores que compoñen as artes escénicas galegas. Unha xuntanza demandada desde xuño e con importantes puntos na orde do día: Plan Galego das Artes Escénicas, orzamento para o sector no 2010 e responsables do Centro Coreográfico Galego e o Centro Dramático Galego. Todas estas cuestións quedaron resoltas nunha xuntanza que durou case dúas horas.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Cando no mes de outubro Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic, apuntou que se revisaría o Plan Galego das Artes Escénicas (documento consensuado polo sector que contén as directrices da política escénica durante catro anos) non concretou nin cando se faría, nin como, nin a que afectaría. No comunicado de prensa remitido pola consellaría de Cultura trala xuntanza cos representantes do sector, apuntouse que o plan “terá prolongación, previsa revisión, negociación e acordo co sector durante o seguinte cuadrienio 2012-2016”. Ademais, crearase unha comisión de seguimento do plan que estará integrada por representantes dos distintos sectores escénicos, de carácter semestral e que comezará a funcionar en abril. Canda estas afirmacións, Cultura tamén apunta que se incrementarán as axudas a produción e distribución en 200.000 euros.

En xaneiro, novos responsables
O mes de xaneiro aparecerán no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para cubrir os postos do Centro Dramático Galego e máis do Centro Coreográfico Galego. Saberanse entón as bases, requisitos e procedemento que rexerán para a cobertura destes postos. En todo caso, a nova temporada do CDG comezará a mediados de xaneiro coa estrea de As actas escuras de Roberto Vidal Bolaño.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Carlos Fernández, Roberto Varela, Centro Coreográfico Galego...