Juan Carlos Fasero, director de Agadic: “hai que revisar o Plan Galego das Artes Escénicas”

A convocatoria pública para seleccionar ao responsable do CDG sairá neste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais comentou hoxe, no marco da rolda de presentación da programación do Salón Teatro, que “hai que revisar o Plan Galego das Artes Escénicas”. Ademais, apuntou que será un traballo colectivo e que os obxetivos “han de ser realizables”, tendo en conta o contexto de crise no que estamos inseridos. Ademais, apuntou que os trámites de escolla do futuro/a responsable do Centro Dramático Galego (CDG) seguen os prazos acordados: “en setembro redactáronse as bases, que sairán publicadas neste mes de outubro, para que en novembro teña lugar o procedemento de selección e remate o ano co director/a escollido”.

O Plan Galego das Artes Escénicas é un documento que concreta en 83 puntos agrupados en cinco sectores, a folla de ruta que debe seguir este sector ata o 2011. O texto foi elaborado tras un proceso de participación no que estiveron implicados os diferentes profesionais do sector das artes escénicas, así como varios estudos sobre o perfil do público teatral en Galicia. O Plan foi deseñado durante o bipartito e baixo o mandato da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Juan Carlos Fasero, Teatro, Axencia Galega das Industrias Culturais...