O colectivo de actores pide explicacións da situación do director do Centro Dramático Galego

O próximo responsable do CDG será un director artístico

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Asociación de Actores, Actrices e Directores de Galicia acaba de emitir un comunicado no que demanda o nomeamento de director ou directora para o Centro Dramático Galego, ao tempo que esixe o mantemento da produción, prazos e compromisos adquiridos e explicar os motivos que causaron o cesamento de Cristina Domínguez. Para iso, solicitan unha xuntanza co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, para que aclare estas cuestións. En todo caso, desde o CDG xustifican que a programación de As actas escuras (de Roberto Vidal Bolaño) continúa en marcha e esperan poder manter o compromiso adquirido, de estrear en xaneiro. Ademais, nas vindeiras semanas se convocará un concurso público para escoller ao futuro responsable desta unidade de produción. O que sabe do procedemento é que a cabeza visible do CDG será un director artístico que terá un contrato vencellado a un proxecto de programación.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Varela