Licenciatura universitaria, memoria-proxecto para tres temporada (a primeira é desde a data de incorporación ata xuño do ano seguinte), coñecemento de idiomas, posgraos en xestión cultural e teatral... estes son os criterios sobre os que se asentan as bases para escoller ao futuro director/a do Centro Dramático Galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) deu a coñecer hoxe as bases que rexerán o concurso de méritos para a contratación do futuro director artÃstico. O proceso, que se poderá seguir a través da web da Agadic, establece que o candidato escollido deberá obter un mÃnimo de 60 puntos nun máximo de 90. A memoria-proxecto e o coñecemento de idiomas son os méritos máis valorados (ambos con 20 puntos) dun baremo no que a licenciatura é requisito excluÃnte.
Bases do concurso de méritos para escoller ao responsable do CDG.