O futuro director do CGAC deberá establecer un proxecto para os vindeiros cinco anos

As bases saen publicadas no DOG de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Ter licenciatura universitaria, falar inglés, castelán e galego (ou asegurar a aprendizaxe dalgunha destas dúas últimas linguas no prazo dun ano), con experiencia acreditada na dirección ou xestión de museos e nas relacións co medio internacional da arte contemporánea. Este é o perfil que terá o futuro director do Centro Galego de Arte Contemporánea. Así o establecen as bases do concurso que sae publicado hoxe no DOG e que tamén valorará que o director ha de presentar un informe-memoria sobre un proxecto a cinco anos que estableza os “fins, valores, liñas, programas e obxectivos que se propoñan conseguir ou desenvolver”.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)