Convocan a praza de director do Centro Galego de Arte Contemporánea

O prazo remata nun mes a partir de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Consellería de Cultura publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases do concurso para o nomeamento dun novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea.As súas funcións serán as propias dun executivo de museos: elaborar a programación, o plan xeral de actuación do centro, impulsar acordos de cooperación e colaboración con outros centros. As retribucións brutas anuais ascenderán a 46.538,76 € e o prazo remata nun mes. O actual director é Miguel Von Haffe.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Consellería de Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)