A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dun concurso público “para a elaboración dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega”. O orzamento para elaborar o plan é de 79.750 euros (algo máis de trece millóns de pesetas) e o prazo para rematar os traballos remata o quince de decembro deste mesmo ano. O Bloque Nacionalista Galego atacou duramente o pasado día 18 esta convocatoria por considerar que a Xunta utiliza o galego “coma unha mercadoría” e que “externaliza algo que tiña que acometer”.
Máis información en Diario Oficial de Galicia; prego de cláusulas administrativas do concurso Prego de condicións técnicas do concurso
