A Consellería de Educación sinala que o Plan Xeral de Normalización será elaborado pola Dirección Xeral de Política Lingüística

A Xunta aclara o seu plan

25/9/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Consellería de Educación sinalou onte que o Plan Xeral de Normalización (PXNL) será elaborado pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Deste xeito o organismo responde ás acusacións de privatizar os traballos de realización do Plan feitas pola deputada do BNG Pilar García Negro. Desde a Consellería sinálase que é a recollida de datos para realizar o PXNL o que sae a concurso, e aclárase que ”hai que diferenciar entre a contratación dunha obra e os elementos necesarios para elaborala”. Pola súa banda, o director xeral de Política Lingüística, Xesús Pablo González Moreiras, asegurou que para a redacción do Plan “trátase de chamar á participación da maior xente posible”.

Máis información en O desmentido da Consellería e As declaracións de Pilar García Negro en O Correo Galego; declaracións da Mesa pola Normalización Lingüística sobre a suposta contatación do plano; rego de cláusulas administrativas; prego de prescicións técnicas; anuncio no DOG; máis en culturagalega.org

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Educación, Consellería de Educación, Dirección Xeral de Política Lingüística...