O goberno aplicará o Plan de Normalización Lingüística a partir do día 22

O día do plan

17/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Catro meses despois da aprobación do Plan Xeral de Normalización Lingüística, a Xunta comezará a aplicalo. A data fixada é este sábado día 22, que será cando se celebre un acto que ten dúas partes. Unha primeira cos equipos creados para a redacción e execución do PXNLG e outra parte académica e de presentación oficial do plano que ten 445 medidas de actuación transversal que afectan a distintos sectores. Esta semana tamén teñen lugar os VIII encontros de Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura.

Máis información en El Correo Gallego e sobre os encontros no web do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, El Correo Gallego, Consello da Cultura Galega