As iniciativas e a realidade da lingua no ensino centran os Encontros para Normalización

Lingua encontrada

26/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, inauguraron esta mañá os X Encontros para a Normalización Lingüística. As xornadas que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) céntranse na importancia do idioma nas probas de acceso aos postos nas Administracións e no ensino. A este respecto, Marisol López aproveitou a presentación para anunciar a posta en marcha dunha serie de medidas para dinamizar os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino. Ademais, nos Encontros repartirase un “kit para a normalización da lingua”, é dicir, un conxunto de documentos xurídicos e de textos de traballo relacionados co idioma.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e no do CDSG

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Ramón Villares...