O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez e mais o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaban esta mañá o acordo polo que as dúas entidades colaborarán no desenvolvemento de ferramentas técnicas para accións de normalización lingüÃstica. Os proxectos, que serán desenvolvidos polo Centro de Documentación SociolingüÃstica de galicia (CDSG) do Consello da Cultura, inclúen a posta en marcha da Biblioteca para a normalización lingüÃstica, un espazo web que permitirá consultar monografÃas e documentación depositada neste centro.
Canda a isto, as dúas institucións iniciarán o estudo para desenvolver a plataforma en rede d-Lingua, pensada para compartir de xeito libre e aberto, con licenza Creative Commons, contidos e propostas de normalización no marco da Rede de Dinamización LingüÃstica. Do mesmo xeito, o CDSG elaborará un boletÃn mensal de novas para esta entidade e desenvolverá a aplicación Lingua en titulares, un buscador que permitirá localizar información de actualidade vencelladas á lingua, con acceso mediante web e dispositivos móbiles.
Na súa intervención, Vázquez lembrou que o Consello da Cultura fai parte da Rede de Dinamización desde o seu comezo e adiantou que en poucas semana vaise formalizar a integración nesta entidade de 20 novo membros, que se suman aos 97 que a conforman.
No marco do acordo de colaboración inclúese tamén a actualización do Kit para normalización lingüÃstica que elabora do CDSG. O acordo conta cun orzamento total de 41.000 euros, dos que a ConsellarÃa de Cultura achega 36.000.