Un audiovisual sobre os 50 anos da declaración do Día das Letras e un libro a cargo de Xosé Neira Vilas sobre a lingua e cultura galegas en Cuba son dúas as accións que desenvolverán o Consello da Cultura Galega e mais a Consellaría de Cultura nos vindeiros meses no campo da normalización lingüística. As dúas entidades asinaban onte un convenio polo que se comprometen a investir un total de 34.500 euros en iniciativas a prol da nosa lingua. Entre as mesmas inclúese a celebración, os vindeiros 18 e 19 de abril, dos XV Encontros para a Normalización Lingüística, as xornadas que organiza anualmente o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura.
O Consello da Cultura e a Consellaría colaborarán no campo da normalización
As entidades asinaron un convenio para investir 34.500 euros en diversas accións
22 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Xosé Neira Vilas, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Consello da Cultura Galega...
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares