A mocidade protagonizará os XIV Encontros de Normalización Lingüística

Celébranse na Cidade da Cultura os días 8 e 9 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega organiza, como ven sendo habitual, os Encontros de Normalización Lingüística. O evento, que chega este ano á súa XIV edición, desenvolveráse na Cidade da Cultura os vindeiros días 8 e 9 de marzo, e terá na mocidade o seu eixe fundamental de traballo. Arredor desta cuestión o programa prevé abordar cuestións como o emprego da nosa lingua e actividades de lecer, experiencias no campo da educación, as redes sociais ou os novos medios de comunicación na nosa lingua, entre outras iniciativas.

A preinscrición para o encontro está xa aberta ata o 16 de febreiro no web do Consello da Cultura Galega, a un prezo de dez euros, con descontos para estudantes e licenciados e sendo de balde para socios da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua e mais da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A chave do futuro

A chave do futuro

Os XIV Encontros para a Normalización Lingüística céntranse na acción coa mocidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Medios de comunicación, Educación...