De xeito habitual escoitamos que a perda acelerada de falantes novos e da transmisión interxeracional é a principal ameaza para o noso idioma. A tratar esta cuestión, os XIV Encontros para a Normalización LingüÃstica que organiza o Centro de Documentación SociolingüÃstica do Consello da Cultura céntrase na Mocidade, un ámbitos no que o ocio e as novas tecnoloxÃas preséntanse como campos cruciais nos que dar a batalla polo galego.
Segundo explica Henrique Monteagudo, director do CDSG, “vimos que era un sector que precisaba unha atención especial desde que comezamos. A cuestión estaba a aboiar no aire e acabouse concretando. Ademais, o Consello está a preparar un ciclo sobre Mocidade, lingua e cultura, e tamén por lle dar un pouco de coherencia a todo, pensamos que os Encontros funcionasen tamén como apertura deste ciclo. A mocidade é un sector clave para o futuro da lingua e non sempre se ten moi presente, ás veces hai un pequeno descoido".
Máis socialidade, máis galego
Un dos eixes nos que inciden varias intervencións encol da importancia que teñen as propostas de ocio teñen á hora de buscar unha maior penetración da nosa lingua entre os máis novos. Segundo recoñece Monteagudo, “no traballo de normalización confiouse moito na importancia do ensino, e estamos a ver que os resultados non son bos, e menos se os comparamos con outras experiencias”. Nese sentido pon o exemplo de que “nas actividades de tempo libre en galego, se xuntas un grupo de mozos e mozas castelanfalantes que non se coñecen é moito máis sinxelo que desenvolvan a actividade na nosa lingua que se traballas con grupos que se coñecÃan de antes”, explica . Desde esta perspectiva, a sociabilidade en xeral, e a apertura a coñecer xente nova é, para Monteagudo, unha ferramenta a prol do galego. “O cambio de lingua implica que os mozos castelanfalantes incorporen o galego ás súas prácticas habituais, e esa mudanza faise vencellada a algunha mudanza na vital, particularmente na súa rede de relacións. Nese sentido, semella claro que os novos contactos favorecen moito o cambio de lingua”, conclúe.
O ensino non abonda
No entanto, malia as experiencias positivas neste sentido, non se pode abandonar o labor a prol da nosa lingua no sistema educativo, unha cuestión que tamén se vai tratar nas xornadas, onde se compartirán experiencias sobre o traballo con grupos de alumnos castelanfalantes e con alumnos que falan galego. “O ensino non garante a incorporación do galego, mesmo aÃnda que tivese máis presenza. E coas restricións que ten actualmente, aÃnda menos. Por si mesmo axuda, pero cómpre un contÃnuum de estÃmulos que non remate na porta dos centros do ensino”, explica Monteagudo. Produtos audiovisuais, como programas televisivos para os máis novos, propostas de lecer, actividades de tempo libre ou asociacionismo xuvenil son algúns ámbitos de actuación que este lingüÃstica destaca. “En moitos destes campos a cuestión da lingua viuse de xeito periférico”, recoñece.
O galego nas redes sociais
A seguir neste terzo, unha das intervencións que máis interese vai provocar é a que realizará na mañá do vindeiro venres, Fernando Ramallo, na que adiantará os primeiros datos dun estudo de PolÃtica LingüÃstica sobre a presenza da nosa lingua nas redes sociais. “O estudo está aÃnda en proceso, eu encárgome de realizar o informe a partir dos datos recollidos”. Sen adiantar cifras concretas, sinala que, como era de agardar “o emprego do galego nestes espazos é en boa medida unha proxección do seu emprego social, especialmente para a mocidade, que ten integrada na súa cultura estas redes como xeito de expresión”. Deste xeito, atopamos que “o galego ten unha presenza cativa, pero a xente que o emprega habitualmente traslada o seu uso ás redes”. AdvÃrtense, no entanto diferenzas segundo a plataforma. “En Twitter, por exemplo, que se fai unha comunicación máis aberta, a xente considera que escribir en galego limita o seu número de seguidores. Noutras redes máis centradas en comunicación interna mantense máis a nosa lingua e mesmo se poñen os interfaces traducidos, se é posible”.
Videoxogos e sistemas operativos
Coincide na importancia destes ámbitos Xabier Seixo, que desde Galegolab salienta que "agora mesmo as tecnoloxÃas, e especialmente o ámbito lúdico debe ser un ámbito primario de actuación”. A ausencia dunha oferta importante de produtos en galego provocará, ao seu ver, que “e aà onde imos perder moitos falantes. Debemos pensar que para a mocidade este é o ámbito de máis prestixio na actualidade”. É dicir, que o feito de que a nosa lingua estea ausente en computadores, videoxogos ou consolas marca en boa medida a percepción social da mocidade sobre a mesma, e provocará que se perciba como unha lingua con menor utilidade ou importancia a respecto doutras do contorno. A ese respecto, Seixo denuncia que “dos tres sistemas operativos máis populares, só un, o Linux, que ao tempo é o menos espallado, ten versión nativa en galego. Ningún dos sistemas operativos para móbiles está na nosa lingua. E o mesmo acontece con aplicacións como Twitter”. Ao tempo, sinala que “nin un só xogo dos que gañou os premios Bafta están en galego, ou as propostas para empregar o móbil de xeito lúdico”. Fronte a isto, recoñece que “é difÃcil, pero hai que buscar como mudar unha situación”. Tendo en conta o relativamente escaso peso do mercado galego para as multinacionais, unicamente a aposta das institucións públicas para conseguir traducións destes produtos, como se ten realizado con programas de Microsoft, poderÃa lograr introducir a nosa lingua nos grandes lanzamentos. “Outra alternativa é pór en valor proxectos alternativos libres que sexan sinxelos de localizar e traducir para ordenador”.
A cultura da mocidade
Coincide nesta perspectiva Ramallo, quen apunta que, malia ás posibilidades que teñen estes espazos para a penetración do galego, lembra que “a rede e as novas tecnoloxÃas son tamén un medio poderosÃsimo para a expansión das linguas dominantes, aÃnda que facilitan moito a visibilidade das minoritarias. No caso das novas tecnoloxÃas falamos dunha cultura inherente da mocidade”. A ese respecto lembra que “non deberÃa pasar como aconteceu coa animación, na que as series ou os filmes chegaban primeiro en castelán en logo en galego. Cómpre traballar arreo no campo dos videoxogos e ofertar produtos de calidade, xa sexa abordando a dobraxe ou con traballos propios”. En xeral, a Rede e o ocio relacionado cos novas tecnoloxÃas “é un elemento central para vencellar a lingua cos valores da cultura xuvenil. Cómpre achegar a lingua á actividade diaria que fai a mocidade e coa que se realiza”, conclúe.
Máis lingua nas redes
De cara a intervención encol da lingua no ámbito das redes sociais, Ramallo sinala que “non sei ata que punto a cuestión é incentivar a lingua nas propias redes ou cómpre centrarse en mudar a situación fóra delas para que tamén mude no seu seo. As redes sociais poden entenderse como unha finalidade ou como un medio para mellorar a presenza do galego”. Como propostas, sinala a posibilidade de promover as propias redes galegas. “Propostas como Latri.ca ou Cabozo son moi pouco coñecidas, mesmo entre galegofalantes. Logo haberÃa que incidir tamén nas interfaces das grandes redes sociais, pero no que é o propio estÃmulo da lingua, penso que cómpre un labor en termos máis xerais, fronte á acción especÃfica nestas redes”, conclúe.
Outras propostas
Malia a que polo xeral os encontros adoitan manter un formato participativo, nesta xeira afóndase aÃnda máis no formato das mesas redondas e na presentación de experiencias. “Ao traballar esta cuestión, prestábase tamén a traballar con diferentes enfoques e perspectivas”, lembra Monteagudo. Entre estas, destacada a mesa que se lle dá a voz á propia mocidade, nun encontro con cinco estudantes de bacharelato conducido por Belén Regueira. Canda a isto, atopamos propostas como a mesa de presentación dos novos medios en galego, ou a titulada Outros espazos para comunicar coa mocidade, que reúne unha das promotoras do web de tendencias Disquecool, con representantes do grupo musical Dios ke te crew, da plataforma Galegolab e mais da iniciativa Proxecto Neo, que procura pór en valor o traballo das persoas que mudan para a súa lingua para o galego. Propostas sobre tempo libre e a súa relación coa lingua, as mobilizacións sociais da mocidade e a súa relación coa lingua, ou as iniciativas de servizos municipais e de equipos de normalización terán tamén un oco nos encontros. Unha ocasión única para reflexionar sobre o camiño que leva o galego, e como o podemos percorrer.
Programa dos XIV Encontros para a Normalización LingüÃstica.Segundo explica Henrique Monteagudo, director do CDSG, “vimos que era un sector que precisaba unha atención especial desde que comezamos. A cuestión estaba a aboiar no aire e acabouse concretando. Ademais, o Consello está a preparar un ciclo sobre Mocidade, lingua e cultura, e tamén por lle dar un pouco de coherencia a todo, pensamos que os Encontros funcionasen tamén como apertura deste ciclo. A mocidade é un sector clave para o futuro da lingua e non sempre se ten moi presente, ás veces hai un pequeno descoido".

Resumo das intervencións nos XIV Encontros para a Normalización LingüÃstica.