Os XXI Encontros para a Normalización Lingüística detéñense na divulgación da ciencia

Celébranse entre o 4 e o 5 de abril na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A divulgación da ciencia en lingua galega será o tema principal dos XXI Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Centro de documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega na Cidade da Cultura entre o 4 e o 5 de abril. "Como espertar o interese dos potenciais receptores e trasladar toda esa “efervesciencia” ao fardel cultural do conxunto da poboación? E... ¿en que lingua se está a producir ese despregue de actividade?, ¿ata que punto é este un campo de oportunidade para a lingua galega?", pregúntanse desde a organización. No programa participan investigadores e divulgadores como Marilar Aleixandre, Iolanda Fernández Casal ou Xurxo Mariño.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Normalización Lingüística, Lingua galega, Xurxo Mariño...