Os interesados en participar no XI Encontros para a Normalización Lingüística xa teñen aberto o prazo de inscrición. O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega organiza este evento, no que pretende analizar a situación do proceso de normalización a coincidir coa fin da lexislatura. As recentes normativas sobre lingua, a relación dos emigrantes co idioma ou novas propostas para o futuro son algunhas das cuestións que se tratarán no evento. Os encontros desenvolveranse na sede do Consello da Cultura en Compostela entre o 12 e o 13 de febreiro.
Os XI Encontros para a Normalización Lingüística analizarán o momento crucial para o galego
Está aberta a inscrición para estas xornadas do Consello da Cultura
24 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Lingua galega