O Consello da Cultura convoca os XII Encontros para a Normalización

Abordarán cuestións como o traballo desde os concellos ou a xustiza o 28 e o 29 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As estratexias colaborativas para a difusión de recursos sobre normalización, a situación do galego na xustiza ou as actitudes encol do noso idioma son algunhas das cuestións se tratarán nos XII Encontros para a Normalización Lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega, celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela e inclúe proxeccións de diferentes proxectos arredor da normalización. A mocidade e mais o traballo desde os concellos cobran un protagonismo especial nesta edición, para a que xa está aberto o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Lingua galega, Santiago de Compostela