Os XI Encontros para a Normalización avaliarán a política lingüística desta lexislatura

As xornadas desenvólvense xoves e venres no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Este xoves comezan en Santiago os XI Encontros para a Normalización Lingüística. Uns encontros organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega co obxectivo de reflexionar sobre a planificación da lingua no país. Nesta ocasión, o encontro divídese en dúas sesións: na do xoves avaliarase a política lingüística destes últimos catro anos, ademais de propor un debate no que agromarán propostas e suxestións para accións políticas futuras; mentres que a do venres terá un enfoque máis sociolóxico e que permitirá analizar, entre outras temáticas, a integración sociolingüística de emigrantes retornados. Pecha as xornadas unha sesión lúdica que revisa os pasos dados cara a normalización social do galego.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Consello da Cultura Galega, Normalización Lingüística, Lingua galega