Cando a lingua galega axuda a integrar os inmigrantes

Publícanse os vídeos dos XXII Encontros pola Normalización Lingüística

13/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Hoxe o web do Consello da Cultura Galega publicou os vídeos dos XXII Encontros pola Normalización Linguüística, que todos os anos organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Desta volta, os encontros céntranse na "integración lingüística", como canle para a cohesión social e o encaixe dos inmigrantes chegados a Galicia na nosa sociedade. Os encontros avalían os recursos dispoñibles e as experiencias de persoas e colectivos vinculados á integración lingüística. Os vídeos xa son publicados como paso previo aos debates en directo a través da rede que se sucederán do vindeiro luns ao xoves, todos os días ás 18.30 horas.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Normalización Lingüística, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Consello da Cultura Galega