Os Encontros para a normalización reclaman políticas de apoio para a poboación inmigrante

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia presentou as conclusións do foro que se desenvolveu en novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os Encontros para a normalización reclaman políticas de apoio para a poboación inmigrante

O web do Consello da Cultura Galega acaba de publicar o documento de conclusións dos XXII Encontros para a normalización lingüística, que se desenvolveron entre o 16 e o 19 de novembro de 2020 baixo o lema "A integración lingüística como ferramenta de cohesión social". A comisión técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia elaborou este texto no que se destaca que "en Galicia non se están aplicando as políticas necesarias para que a poboación inmigrante poida adquirir competencias lingüísticas en galego".

As conclusións advirten ademais que se "bota en falta unha planificación integral e unha coordinación" en particular no ámbito educativo. Desde a organización dos encontros instan a unha regulación que "non dependan do voluntarismo e a autoorganización do profesorado ou doutros axentes vinculados ao mundo educativo", a pór o modelo de Euskadi como exemplo.

No informe apúntase ademais o potencial non aproveitado do sistema de avaliación CELGA de competencias lingüísticas que "debería deixar de orientarse exclusivamente á preparación de probas CELGA, e ser un instrumento moito máis proveitoso como vehículo de acollemento, integración e cohesión social".

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega, Euskadi