Os novos Encontros pola normalización lingüística discuten ao redor do galego na economía

Celebraranse mañá martes 17 no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os novos Encontros pola normalización lingüística discuten ao redor do galego na economía

Os Encontros pola Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega cumpren este ano o seu 25º aniversario, desde a pioneira edición de 1993. A fórmula segue a combinar a participación de expertos e profesionais do sector público e privado e na combinación dos contidos teóricos e panorámicos coa explicación de iniciativas concretas. Desta volta, os encontros xiran ao redor de "economía, lingua e sustentabilidade", analizando o papel da lingua galega no ámbito económico. Deste xeito, o investigador do Instituto da Lingua Galega Miguel Guisantes falará da situación da lingua no sector económico. O avogado Xoán Antón Pérez Lema e Sara Seco, da Mesa pola Normalización Lingüística, falará dos dereitos dos consumidores en lingua galega. A xornada continuará con diferentes mesas con empresarios que falarán sobre sustentabilidade, venda en galego ou os criterios de calidade e proximidade en relación á lingua galega na empresa.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Normalización Lingüística, Economía, Consello da Cultura Galega...