"O uso do idioma galego na actividade comercial é moi rendible" ao supor "un motor económico para as persoas propietarias e traballadoras" así como "para quen subministra produtos ou presta servizos complementarios na contorna". Así o aseguran as conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística que o Consello da Cultura Galega publicou este 19 de marzo no seu web.
Os Encontros, que se celebraron o pasado 17 de outubro na sede da institución en Santiago de Compostela, estiveron dedicados nesta xeira á cuestión 'Economía, lingua e sustentabilidade'. Os relatorios da xornada trataron diferentes ámbitos das relacións entre lingua e economía e revelaron cuestións como que "o nivel de uso da lingua galega nas actividades económicas se incrementou exponencialmente neste século XXI", co exemplo paradigmático da crecente etiquetaxe de viño no noso idioma. A teor das conclusións, esta aposta "lonxe de ser un obstáculo para a exportación, convértese nun indicador de autenticidade".
En particular, é nas empresas dedicadas á cultura, á economía social ou á recuperación do espazo rural que se percibe un impacto máis positivo do uso do galego. Canda a estas "o sector dedicado ao deseño considera que a escolla do idioma galego é unha fortaleza para a receptividade, porque pon en valor non só os produtos senón tamén o territorio en que son elaborados", salienta este documento.
De cara a incrementar a presenza da nosa lingua no sector, as conclusións dos Encontros advirten que é a "súa utilidade e a súa contribución ao negocio" o que facilitará a adopción do galego no ámbito empresarial, se ben recoñece que as subvencións e campañas de sensibilización poden actuar a xeito de incentivo neste campo.
Malia ás melloras neste ámbito, o documento salienta que o noso país "ten unha ampla marxe de actuación lexislativa que podería axudar a garantir os dereitos lingüísticos das comunidades de produción, elaboración, distribución e consumo que desexan facer a comunicación no noso idioma". Así, aínda que existen leis que recollen o dereito das persoas a comunicarse en galego, non se recolle a obriga das empresas a garantir a atención no mesmo idioma.
A elaboración do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico (2016‐2020) "supuxo un avance con respecto á lexislación precedente, ao contar expresamente con capítulos dedicados á temporalización, cronograma, indicadores, responsabilidades e recursos", recoñece este texto, "mais nel botouse en falta a fase de consenso co sector, o reforzo de iniciativas positivas e a continuidade das actuacións".
Canda a este programa, o documento salienta que a evolución positiva do galego no sector "é o resultado do traballo colectivo de entidades que promoven conxuntamente a dinamización cultural e económica (Galeguizar Galicia, Foro Enrique Peinador, IRGADE e Asociación Álvaro das Casas, entre outras)".
Nesta liña, as conclusións dos Encontros apuntan a necesidade de medidas como unha lei de comercio, "para superar as vellas inercias como que o uso do galego se reduza en moitos casos á lingua falada ou que nas redes sociais o uso do inglés alcance o 40% e o do galego se sitúe no 20%".
Para alén da sesión presencial de outubro, os Encontros desenvolveron de xeito previo unha serie de contactos, elaboración de materiais e debates arredor do tema tratado desde xuño de 2023.