A imaxe de presentación -un dos sartegos da Pedra do Home, en Portomouro (Val do Dubra)- alude ao lema dos XXVI Encontros para a Normalización LingüÃstica: "Vivir e perdurar na nosa lingua" que se celebrarán mañá 15 de outubro no Consello da Cultura. Os encontros, organizados polo Centro de Documentación SociolingüÃstica do CCG, abordan este ano o uso do galego nos actos funerarios, desde as esquelas, os rituais de despedida ata as lápidas ou os epitafios. Deste xeito, Victorino Pérez Prieto e Manuel Regal refelexionarán sobre a "significación da lingua escollida para os actos funerarios: seguir presente ou desaparecer" e David Canto fará unha panorámica do uso da lingua nos rituais funerarios. De seguindo, dúas mesas redondas incluirán diferentes axentes do ámbito, como as comunidades relixiosas presentes en Galicia, desde a arquidiócese de Santiago, a Unión de Comunidades Islámicas ouo Consello Evanxélico, ata pola tarde os servizos funerarios. A xornada rematará cunha visita comentada pola cidade vella de Santiago a cargo de Manuel Gago sobre as mil caras da morte compostelá.