Comezan VIII Encontros para a Normalización do Consello da Cultura en Compostela

Os días da normalización

20/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A tradicional cita coa normalización lingüística que convoca cada ano o Centro de Documentación Sociolingüistica de Galicia do Consello da Cultura comeza hoxe en Compostela. A oitava edición dos Encontros para a Normalización Lingüística contan coma unha das principias achegas a presentación do Plan Xeral de Normalización Lingüística por conta do propio director xeral de Política Lingüista, Xesús Pablo González Moreiras e de varios dos especialistas que participaron na elaboración do texto. Alén diso, analizaranse os novos recursos lingüísticos que están a disposición dos traballadores neste campo e dedicarase unha especial atención á presenza da lingua nos medios

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consello da Cultura Galega