Os traballos para un Plan Xeral de Normalización aberto e que busca o consenso e aberto á participación da sociedade. Isto é o que presentou esta mañá Xesús Pablo González Moreiras, director xeral de Política Lingüística no Consello da Cultura Galega. Segundo insistiu o representante da Xunta, todo o plan está a aberto a modificacións e achegas da sociedade.
O traballo feito
Segundo explicou González Moreiras, logo de que o Goberno Galego aprobase o pasado mes de marzo a posta en marcha dos traballos do Plan Xeral, en abril constituíuse unha Comisión Técnica formada por Xosé Gregorio Ferreiro Fente, da dirección xeral; os filólogos e membros da Real Academia Xesús Ferro Ruibal e Manuel González, quen tamén dirixe o Centro Ramón Piñeiro e Modesto Rodríguez Neira, que participa na comisión sociolingüística da RAG. Esta comisión foi a encargada de estudiar diferentes traballos sobre sociolingüística e outros plans de normalización e de decidir o modelo inicial dun plano que agora entra na fase de consultas.
Sete sectores
O proxecto inicial do Plan Xeral de Normalización Lingüística contempla a existencia de sete grandes sectores de actuación subdivididos en varias áreas. Estes sectores, que segundo o director xeral poden ser redefinidos ou revisados, son: A Administración e Dereitos Lingüísticos dos Cidadáns; Educación, Familia e Mocidade; Medios de Comunicación; Ámbito Económico e Empresarial; Sanidade, Relixión e Servicios Sociais; Deporte, Lecer e Turismo; e, finalmente, Proxección da Lingua ó Exterior. En cada unha delas estableceranse varias áreas con obxectivos concretos. O plan contempla a necesidade que en cada unha das seccións se realicen tarefas de avaliación e informes periódicos sobre os avances que se vaian acadando.
Apertura
Na actualidade están a iniciarse os traballos da segunda fase do plan, que contempla a realización de máis de cento cincuenta entrevistas, persoais e a distancia, con persoeiros relevantes relacionados coa lingua, incluíndo representantes de asociacións culturais e sindicais entre outras. Destas entrevistas sairá a composición das comisións sectoriais e a posibilidade de que mesmo mude a composición da comisión técnica orixinal e a orientación e sistema de traballo das diferentes áreas.
A continuación, e partindo das consultas realizadas, constituiranse as comisións de cada área, que contarán cunha representación da Comisión Técnica e estarán compostas por especialistas en normalización e representantes de cada sector. Os traballos destas comisións serán empregados para elaborar un anteproxecto que será avaliado por Goberno, partidos, sindicatos, institucións e organizacións culturais e sectoriais. Abrirase entón un prazo para propor emendas que serán tidas en conta para elaborar o plano final, que será de novo sometido á opinión de partidos, institucións e organizacións. González Moreiras sinalou que segundo evolúan as consultas e se vaian recibindo as propostas, decidirase quen son as persoas encargadas da redacción do Plan e de avaliar as diferentes emendas. A Dirección Xeral será a encargada de aportar recursos económicos para estas comisións.
Datas
Aínda que as datas que se manexan son aínda provisorias, as previsións iniciais cifran o remate dos traballos no segundo semestre do ano 2003. Segundo González Moreiras, o Plan pretende acadar a revitalización social e acadar o uso xeral do idioma a todos os niveis e funcións, e chega nun intre no que existe unha forte lexitimación do idioma na sociedade e no que xa existe unha ampla experiencia en tarefas de normalización lingüística. Ademais, lembrou que tanto Euskadi coma Cataluña se aprobaron os respectivos planes de normalización moitos anos despois de térense promulgado as leis, concretamente en 1995 no caso catalán e no 98 en Euskadi. Finalmente, o director xeral fixo un chamamento a todos os sectores sociais e a todas as persoas interesadas pola lingua a participar e facer achegas ó proxecto, xa que, insistiu, o plan pretende acadar un consenso semellante ó que acadara no seu tempo a Lei de Normalización Lingüística e non ser considerado o plan dun só partido.
Descarga as Actas dos IV Encontros (2000).O traballo feito

As Actas dos IV Encontros para a Normalización Lingüística ofrécennos, a través das achegas de recoñecidos investigadores, unha nova aproximación á situación sociolingüística de Europa, afondando tamén na situación do idioma en diversos ámbitos sociais, como a xustiza, a igrexa, a sanidade ou a publicidade. Outras cuestións como a onomástica ou a xestión lingüística pecharon uns encontros celebrados en novembro do 2000 e que xa están consolidados como foro anual de exposición e debate para os axentes normalizadores da nosa lingua Currículos e resumos dos relatorios dos VI Encontros pola Normalización Lingüística.
Podes descargar os currículos e resumos dos relatorios dos VI Encontros pola Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega que se están a celebrar o 14 e 15 de outubro de 2002.