A asociación cultural O Meigallo de Cuntis realiza unha homenaxe ó escritor-xornalista-político e avogado Xoán Xesús González

Un meigallo: Xoán Xesús González

12/9/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foi xornalista, escritor, político e avogado. Como xornalista traballou en moitos dos xornais da época (“El Compostelano”, “La Zarpa”, “A Nosa Terra”..), como escritor publicou a primeira novela erótica galega (“O modelo de Paco Asorei”) e mesmo chegou a exercer de avogado en Compostela e A Estrada. Chámase Xoán Xesús González, foi un membro activo na creación e desenvolvemento de sociedades e sindicatos agrícolas (que darían lugar a obras como “En pé Campesiños” ou “Regionalismo, Nacionalismo, Separatismo”) motivos polos que foi fusilado no 36. Hoxe cúmprense 66 anos do seu pasamento e representantes de numerosas asociacións culturais recordarán a súa figura.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Cuntis, Asociacións, A Nosa Terra...