O CGAC convoca un premio de investigación e ensaio

Ten unha contía de 3000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do "I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea", dotado con 3000 euros, para "textos de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, con carácter divulgativo". O Centro Galego de Arte Contemporánea convocou este premio por mor da "escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos de arte contemporánea e promover a investigación e produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega". O prazo para remitir orixinais remata o 15 de xuño de 2018.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Lingua galega, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)