A terceira edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre arte Contemporánea do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) recaeu sobre Laura Calvo, graduada en Historia da Arte, pola obra orixinal Memoria do Azul. No texto gañador a autora traza un itinerario polos diversos ámbitos da creación contemporánea a través do uso da cor azul como monocromo que establece simbolismos e sinestesias. O galardón que ten unha dotación de 3.000 euros, ten coma obxectivo promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións, asà como favorecer a comunicación social das artes plásticas.
O xurado, presidido por Santiago Olmo, director do CGAC, e integrado por Alberto RuÃz de Samaniego, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidad de Vigo) crÃtico de arte e comisario; David Chao, profesor da Facultade de Historia da Arte de Santiago de Compostela; Natalia Poncela, critica de arte e comisaria, e Elena Expósito, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC, valorou a capacidade de Laura Calvo para abordar algúns dos momentos estelares da cultura visual do século XX como o azul de Yves Klein, o cinema de Derek Jarman, as cores de Fromanger, o Picasso Azul e Rosa como duplicidade, o Deserto Rosso de Antonioni ou as luces e Skyspaces de James Turrell, para rematar con Hito Steyerl. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entregou hoxe o premio nun acto celebrado no CGAC. Lorenzo gabou o traballo da premiada na edición deste ano á que se referiu como un autora cunha voz moi persoal e unha mirada multidisciplinar “capaz de establecer suxerentes conexións entre os distintos ámbitos da creación contemporánea”.