No marco do seu programa de artistas de media carreira, o CGAC presenta unha mostra individual da artista Mar Caldas (Vigo, 1964), pioneira da praxe artÃstica feminista en Galicia coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea arranca a tempada expositiva de 2025.. A obra de Caldas, fundamentalmente fotográfica, renova sempre o seu cariz reivindicativo para atender aos diferentes atrancos que, pola súa condición, atenazan a vida das mulleres. A mostra 'Mulleres, traballo e memoria', comisariada por Monse Cea que poderá visitarse ata o 25 de maio, traza un percorrido polas obras de Mar Caldas creando novas e adaptando outras preexistentes para o espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea. O eixo deste itinerario é o papel das mulleres traballadoras, cun relato construÃdo a través de elementos da memoria persoal e familiar da artista que se entretecen coa memoria colectiva dun pasado histórico aÃnda recente.
Alén do medio fotográfico, para esta proposta é patente a investigación que a artista leva a cabo noutros eidos como a historia contemporánea, a historia da arte moderna, a socioloxÃa ou a etnografÃa. Dun xeito que diriamos poético, Caldas fai un exercicio de arqueoloxÃa, ao buscar, achar e analizar artefactos xerados mediante a arte académica e a fotografÃa profesional. Deste xeito, por medio da arte, reconstrúe o contexto en que determinadas pezas da cultura material de Galicia foron realizadas, para desvelar a presenza soterrada das mulleres no rexistro histórico. Para completar o programa da exposición, están previstas actividades paralelas como un taller de artista titulado FotografÃa familiar e memoria, que se desenvolverá ao longo do mes de febreiro e dará lugar a unha intervención no antigo cemiterio do parque de Bonaval. Ademais, tamén se celebrarán encontros semanais nos meses de marzo e abril, onde a artista reflexionará sobre os eixes temáticos da súa mostra con persoas expertas en diversos ámbitos.