A tempada expositiva do 2002 vaise consolidando. Se o venres pasado era a fonsagradina Mónica Alonso a que achega ó Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) as súa mostra MITGA 1932-2020, o luns abrÃase no Museo do Pobo "Os dÃas lentros" unha exposición pictórica Xosé Freixanes. Esta non é a única mostra de Freixanes que se pode ver en Compostela estes dÃas, xa que o xoves pasado abrÃa na GalerÃa Trinta "Mareas Azuis", unha selección da súa obra máis recente. Por se fose pouco, e tamén no CGAC, pode verse a mostra colectiva "Doazóns e rescates", composta de fondos do centro.
Mónica Alonso
A artista Mónica Alonso protagoniza a segunda mostra que pon en marcha o CGAC no que vai de ano. A mostra leva o tÃtulo MITGA (Módulos Individuais de Terapia Galicia) 1932-2020, que son os anos que a artista acolle como representación do seu pasado e futuro.
Esculturas e instalacións realizadas desde 1994 ata este mesmo ano recollen as diferentes visións desta artista sobre o descanso a partir de elementos básicos coma o dormitorio ou a cama. A artista xoga coa construcción de espacios tentando influir no estado de ánimo do espectador co emprego da cor, o tamaño dos elementos e a transmisión de sensacións.
Dobre Xosé Freixanes
A poucos metros da mostra de Mónica Alonso pode verse "Os dÃas lentos" de Xosé Freixanes, unha exposición pictórica que está desde o luns no Museo do Pobo Galego e na igrexa de San Domingos de Bonaval.
A mostra, que estará aberta ata o dezaoito de febreiro, ofrece as súas últimas creacións, influÃdas pola natureza e cunha tendencia orientalista partindo das técnicas de impresión da India.
Tamén desde o xoves pasado pode verse na GalerÃa Trinta de Compostela a mostra "Mareas Azuis", que recolle varias das súas últimas creacións.
Doazóns e rescates
Obras coma "El bosque helado " de Rafael Baixeras ou "As mozas de Pontevedra" de Manuel Moldes, poderán verse no marco da mostra Doazóns e Rescates que se puxo en marcha o pasado venres no CGAC. Como indica o seu propio nome, esta mostra recolle as últimas adquisicións e as doazóns realizadas a este centro por algúns dos múltiples artistas que teñen realizado exposicións nel.