Gordillo, Kiko Pérez e Carlos Maciá entran na tempada artística

O CGAC e a Fundación Luís Seoane inauguran exposicións

30/6/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Obra de Luis Gordillo. Foto: CGAC

Tanto o Centro Galego de Arte Contemporánea como a Fundación Luís Seoane inauguran exposicións coincidindo co final de xuño. A Fundación Luís Seoane abre a tempada do verán con exposicións de valores da arte contemporánea galega actual. Por unha banda, Kiko Pérez (Vigo, 1982) presenta a mostra "German Haircut", a súa primeira mostra individual dentro dunha institución e na que se cotempla a evolución do seu traballo. Pola súa banda, Carlos Maciá (Lugo, 1977) produce tamén obra específica para a súa mostra na Fundación, apostando, desde a pintura, por volumes que aproximan o traballo á arquitectura. Ambas as dúas poderanse visitar ata o 1 de outubro. O CGAC abre esta tarde a mostra "Luis Gordillo. Confesión xeral", comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes e Santiago Olmo. Segundo o CGAC "a exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas". A mostra poderase visitar ata o 17 de setembro.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Exposicións, Fundación Luís Seoane, Santiago Olmo...