A obra de Luis Seoane volve colgar dun xeito destacado das paredes da Fundación que leva o seu nome, na Coruña. Este mércores abriu na institución a exposición 'Luis Seoane. Identidade, memoria histórica e movementos sociais' comisariada por Silvia Longueira e MarÃa Antonia Pérez e que durante un ano amosará máis de cincuenta pezas en distintos formatos pertencentes aos fondos propios da Fundación Seoane. Tres anos levaba a institución sen expor a obra do autor a cuxo legado se dedica, por mor dos traballos de acondicionamento levados a cabo no edificio, segundo explica en comunicado de prensa. A mostra que estará dispoñible ata o 10 de xullo do ano que ven reúne óleos, gravados, debuxos e produción editorial contextualizados dentro de tres grandes bloques temáticos aos que fai referencia o tÃtulo da mostra que poñen de manifesto diferentes aspectos do pensamento do artista. A exposición incluirá un programa de visitas guiadas para adultos e, a partir do mes de setembro, acollerá á comunidade educativa.
En Seoane conviviron os postulados das vangardas europeas, a reivindicación da historia, tradicións e identidade galegas, a arte e cultura americanos, o compromiso polÃtico e a incorporación de Galicia aos postulados da modernidade, explican desde a Fundación. No relativo ao xeito de Seoane de abordar a reflexión artÃstica sobre a identidade, as comisarias inclúen neste sentido obras sobre as labores do campo, representadas en óleos como 'La malla' (1954), paisaxes urbanas de Bos Aires 'TranvÃa amarillo' (1952) e o Londres de 'Barcazas en el Támesis' (1949) ou 'Mar del Orzán' (1973), que conviven neste apartado coa figura da moura 'Ana Manana' (1960). Amosando un concepto de identidade, que para o artista abrangue desde a relación entre a paisaxe e os seus habitantes ata os costumes e tradicións populares. No relativo á memoria histórica, entendida como espazo reivindicativo do pasado real ou mitolóxico dun pobo, desprégase neste apartado con referencias ás culturas latinoamericanas, presentes na xilografÃa 'Cabeza de Huaco' (1966) ou no óleo 'Tocando la quena' (1950); e en obras como o álbum 'Imágenes de Galicia' (1979), co que Seoane busca representar lendas e fragmentos da historia de Galicia que xamais tiveron expresión gráfica. O mundo do traballo e os seus protagonistas, campesiños, mariñeiros, artesáns e obreiros- xunto coa dura realidade da emigración ocupan un papel destacado nesta sección, exemplificando a conciencia de clase do artista e a súa loita contra as inxustizas sociais. A denuncia da situación polÃtica, marcada pola ditadura fascista, asà como a opresión e o asoballamento que padecen traballadores e campesiños protagonizan óleos como 'El proceso de Burgos' (1971) e un conxunto de debuxos realizados principalmente na década dos 50.
A produción editorial de Luis Seoane, fundamental na súa andaina como artista e divulgador cultural, está presente na exposición grazas a unha selección de tÃtulos que se espalla polos tres apartados dos que consta o proxecto. A cultura galega e a americana conviven nos debuxos do álbum 'Homenaje a la Torre de Hércules' (1943); e das xilografÃas do álbum '32 refranes criollos' (1965), nos que o artista utiliza un soporte popular, como é o gravado en madeira, para ilustrar os proverbios do folclore arxentino, xunto con outros exemplos como 'La insepulta de PaÃta' (1962), que recrea a historia de Manuela Sáenz, parella de Simón BolÃvar ou o célebre 'MartÃn Fierro de José Hernández' (1972), por citar algúns exemplos. O compromiso polÃtico do autor, plasmado nos debuxos de 'Paradojas de la Torre de Marfil', publicado por Botella al Mar en 1952 ou a súa obra poética, da que é excelente exemplo 'Na brétema Sant-Iago' (1956), que inclúe dez gravados en metal realizados polo autor, tamén está presente nesta exposición.