A Fundación Seoane ofrece un percorrido pola obra da artista plástica Victoria Gil

A exposición Correr el río pódese visitar ata o 1 de setembro

25/3/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
40 lecturas | Compartido 0 veces

A Fundación Luís Seoane acolle a exposición "Victoria Gil. Coser el río", un percorrido pola produción plástica de Victoria Gil a través de óleos, acuarelas, collages, obra textil e fotografía, comisariada por Esther Regueira. Victoria Gil foi "unha das primeiras artistas españolas cuxa obra estivo posicionada nas correntes feministas practicamente desde os seus comezos na década dos 80". A escolma de obra amosa a reflexión de Gil sobre "o concepto e as dimensións sociopolíticas do traballo, especialmente o feminizado". A exposición está organizda polo C3A Centro de Creación Contemporánea de Andalucía e CAAC Centro Andaluz de Arte Contemporáneo en colaboración coa Fundación Luis Seoane e o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo. Está aberta ata o 1 de setembro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares