"Colmeiro. Cor e sentimento" é un proxecto da Fundación Luis Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maiorÃa óleos, correspondentes a seis décadas de creación artÃstica. Con esta exposición, a Fundación retoma unha das súas liñas expositivas: a difusión do traballo daqueles artistas que, desde Galicia, elaboraron un discurso creativo novo baseado na unión do universo estético tradicional galego e os movementos da vangarda que se estaban desenvolvendo a comezos do século XX en Europa. Manuel Colmeiro (Chapa, Silleda, Pontevedra, 1901 – Salvaterra do Miño, 1999) foi un dos artistas galegos máis importantes do século XX. A exposición estará nas salas da Fundación Seoane, na Coruña, ata o vindeiro 17 de abril de 2022.
Mónica Alonso constrúe un percorrido expositivo que permite ao espectador mergullarse na obra do artista a través do emprego que este fai da cor: os azuis e verdes, básicos na súa pintura, presentes nas súas paisaxes, no mar; os amarelos e laranxas para a luz, para iluminar a roupa e expresar emocións como a ledicia; os vermellos, menos frecuentes, como ferramenta de contraste; os marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e os negros do rigor da existencia e do horror da guerra. Alén da cor, a exposición transcorre a través de diferentes seccións que se deteñen nos xéneros máis importantes na obra de Colmeiro, como o bodegón ou a paisaxe. Durante a mostra, proxectaranse dúas pezas audiovisuais realizadas expresamente para este proxecto: Código Colmeiro, dirixida por Alberte Branco e Adrián Canoura, un traballo sobre o pintor que combina o formato documental e a vÃdeocreación; e unha proxección a cargo de Tono Mejuto acerca dos dous murais das GalerÃas PacÃfico de Bos Aires.