Luís Seoane chega a Vigo con Retrato de esguello

O MARCO inaugura hoxe unha exposición coproducida coa fundación do pintor

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Luís Seoane chega a Vigo con Retrato de esguello

Trescentas pezas que percorren cincuenta anos da traxectoria artística de Luís Seoane. Esta é a proposta que inaugura hoxe o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo. Retrato de esguello é unha exposición coproducida coa Fundación Seoane e comisariada por David Barro que inclúe "pinturas, debuxos, gravados, acuarelas, tapices, obra cartelística, bosquexos murais,deseños cerámicos, publicacións, poesías, así como o seu labor de comunicador e militante cultural". Todo un resumo do traballo dun dos creadores galegos máis recoñecidos internacionalmente que se pode ver ata o vindeiro 27 de setembro. A inauguración, que se realizará ás 18:30, inclúe unha conferencia de Barro a contextualizar a traxectoria do creador.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, David Barro, Fundación Seoane, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)