Francisco Mantecón chega á Fundación Seoane

Paixón e cálculo abre as súas portas esta tarde na Coruña

4/9/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces

Francisco Mantecón. Paixón e cálculo no web da Fundación Seoane

A Fundación Seoane abre esta tarde na Coruña a temporada expositiva coa apertura de Francisco Mantecón. Paixón e Cálculo. Esta exposición, que foi coproducida co MARCO de Vigo, repasa a traxectoria artística do pintor na súa época de madurez, entre os anos oitenta e noventa do pasado século. Para isto, amosa medio cento de obras cedidas por diferentes particulares e institucións para o proxecto. A respecto da montaxe que se puido ver en Vigo a comezos deste ano, a mostra da Fundación Seoane inclúe unha parte dedicada ao labor creativo do autor no eido do deseño gráfico e aplicado. A mostra abre as súas portas este venres, 4 de agosto, ás 20 horas e permanecerá aberta ata o vindeiro 25 de outubro.

Universo culturagalega.gal

Contextos