O investigador pontevedrés MatÃas GarcÃa RodrÃguez-Mouriño resultou gañador do IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea polo orixinal 'O menor: procesos a-significantes na arte contemporánea'. O xurado do galardón, impulsado pola ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade a través do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), elixiu este traballo por unanimidade dun total de sete candidaturas de temática diversa. A obra gañadora trátase dun excurso filosófico a través dos procesos a-significantes na contemporaneidade, con exemplos tomados das artes plásticas, da música, da literatura e das artes visuais. O autor preocúpase por aquilo que, alén dos significados, emerxe baixo as obras de arte e as converte en inmarcescibles, de xeito que perduran sen perder a súa forza. O premio comporta unha dotación de 3.000 euros e a publicación da obra dentro da colección CGAC Ensaio, na que xa se editou o primeiro traballo galardoado en 2018.
MatÃas G. RodrÃguez-Mouriño é historiador da Arte e doutor en FilosofÃa. As súas publicacións e intereses móvense no contexto dos sound studies e da estética contemporánea, con especial atención ao estudo da paisaxe sonora, da arte sonora e da cidade. É especialista na obra de Félix Guattari, sobre cuxa estética escribiu a súa tese de doutoramento, e participou en seminarios e congresos en numerosos paÃses, ademais de dirixir encontros cientÃficos na Universidade de Santiago de Compostela e no propio Centro Galego de Arte Contemporánea. Cómpre sinalar tamén as súas traducións ao castelán de 'Notas sobre la cabaña', de Gilles A. Tiberghien, e de 'El posanarquismo explicado a mi abuela: el principio de Gulliver', de Michel Onfray, ambas para a editorial Biblioteca Nueva. Ademais, editou o volume 'Novas narrativas na historia da arte contemporánea (USC, 2020)', xunto con Agar Ledo, Daniel L. Abel e Miguel Anxo RodrÃguez.