O Diario Oficial de Galicia recollÃa onte a concesión do VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea a Aitor Hernández Marcos (Béjar, Sañamanca,1995), polo texto orixinal 'A escola da noite' que asina como Aitor Marcos. O premio, concedido por unanimidade do xurado, ten unha dotación económica de 3.000 euros. 'A escola da noite' é un texto singular, en palabras do xurado, que “destaca especialmente pola orixinalidade na abordaxe dos conceptos, a vixencia dos temas tratados e o enfoque multidisciplinar adoptado polo seu autor”. Nas páxinas do seu ensaio, Marcos consegue debuxar unha suxestiva e cativadora biografÃa intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofÃa, o cinema ou a literatura universal. Aitor Marcos cursou estudos de grao e máster en Historia da Arte na Universidade de Salamanca. Tras obter o seu tÃtulo de mestrado trasladouse a Galicia para realizar as súas prácticas. Desde entón colaborou de xeito puntual en varias publicacións e revistas especializadas en arte e deseño.
O certame do CGAC ten coma fin promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega. Igual que as obras premiadas en edicións anteriores, 'A escola da noite' publicarase dentro da serie CGAC_Ensaio, unha colección que naceu vinculada ao Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea coa vontade de apostar pola creación ensaÃstica en lingua galega. O xurado desta edición estivo presidido polo director do CGAC, Santiago Olmo, e integrado pola escritora e ensaÃsta Rebeca Baceiredo Pérez e os profesores Almudena Fernández Fariña e Juan Manuel Monterroso Montero.