O Centro Galego de Arte Contemporánea escollerá ao seu director nun concurso internacional

O novo director contará cun mandato de cinco anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Non figuraba na orde do día do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), na que estaba previsto o nomeamento de novos membros e asuntos de trámite como o balance da programación de 2009 e presentar o orzamento do 2010. Pero o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, aproveitou a súa primeira visita ao Padroado para presentar as bases do concurso internacional para elexir o futuro director do Centro. Será nun concurso que teña en conta os fins, valores, liñas, programas e obxectivos para un proxecto de cinco anos. Deste xeito, preténdese desvencellar a elección do director da lexislatura política, o que lle permitirá garantir o desenvolvemento do seu programa.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)