Miguel Von Hafe abandonará o CGAC en decembro

Acordou co padroado da institución non renovar no seu cargo de director

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea contará cun novo director para o vindeiro ano. Miguel Von Hafe, actual responsable do centro, comunicoulle onte ao padroado do mesmo a súa intención de non renovar no posto o vindeiro mes de decembro, cando se cumpren cinco anos do seu mandato. Segundo explicou Von Hafe nas redes sociais, a renuncia prodúcese por "vontade propia" e a agradecer o traballo de todo o equipo e artistas cos que colaborou neste período. No mesmo comunicado, o aínda director apuntou agardar "que a nova etapa comece cun concurso aberto e internacional" para escoller o seu sucesor.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)