Iñaki Martínez Antelo renuncia a renovar na dirección do MARCO

Comunicoullo onte ao Padroado da Fundación Marco

15/12/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Iñaki Martínez Antelo, comunicou onte ao Padroado da Fundación Marco a súa vontade de non renovar o seu contrato de dirección cando este remate en novembro de 2017. Para Antelo, o MARCO "leva demasiado tempo traballando nunha situación moi complicada, cuns orzamentos ao límite do razoable", e nunha "situación moi complicada". Martínez Antelo sinalou que o novo director debera ser contratado mediante "concurso público" e que o Marco é un "proxecto autónomo e debe seguir séndoo". Entre os obxectivo do centro, sinalou o director, "non poden estar a especulación ou espectacularización da cultura".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iñaki Martínez Antelo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo