Martínez Antelo renova á fronte da MARCO

A fundación viguesa rematou o exercicio 2011 cun déficit de 63.588 euros

O padrodado da Fundación MARCO acordou onte renovar por un período de cinco anos a Iñaki Martinez Antelo como director da mesma e, polo tanto, do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. No apartado económico, na xuntanza revelouse que a fundación fechou o exercicio 2011 cun déficit de 63.588 euros. Segundo o informe, isto debeuse a "non se facer efectivas as achegas previstas e aprobadas por parte da Xunta de Galicia (160.000 euros) e do Ministerio de Cultura (127.000 euros)". A entidade reclamou o pago destas débedas e que se fagan efectivas as axudas previstas para 2012. Ademais, o padroado acordou dirixirxe á Deputación de Pontevedra para que reconsidere o seu abandono desta entidade.

De cara a este ano, o orzamento aprobado, de 1.052.950 euros, supón unha redución do 30% a respecto do anterior. Estes fondos cubrirán, entre outros ámbitos, a programción prevista para a celebración dos dez anos do centro. A mostra colectiva de produción propia A balea negra en outubro, que vencella a apertura do museo co afundimento do Prestige, e mais o proxecto conmemorativo Dez anos do MARCO, a partir de novembro, serán as vindeiras propostas que programará o centro.
Ligazóns