A Xunta e o Ministerio reducen a súa achega ao MARCO

O orzamento deste museo pasa de 1.690.000 a 1.542.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O MARCO, o museo de arte contemporánea de Vigo, contará en 2011 con 1.542.000 euros, o que supón un 10% menos que no exercicio de 2010. O padroado da fundación desenvolveu onte a última reunión do ano no que aprobou os orzamentos nos que a Xunta (que pasa de 300.000 a 160.000 euros) e o Ministerio (achegará 8.000 euros menos) reducen a súa achega, mentres que o concello, a Deputación de Pontevedra e Nova Caixa Galicia manteñen as súas cifras.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Deputación de Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)