O MARCO contará con 705.000 euros este ano

O Concello de Vigo achegará 605.000 e a Xunta 100.000

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Continúan a se reducir os orzamentos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Se en 2013 o centro contou con 750.000 euros, a contía para este ano ficará en 705.000. O Concello de Vigo fixo pública onte a súa achega a esta entidade, que suma 605.000 euros aos 100.000 que xa anunciara a Consellaría de Cultura. A corporación da Cidade Olívica denuncia que corre co 70% do orzamento do Museo logo das repetidas minguas nas achegas da Xunta e da retirada da contribución da Deputación de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Cidade Olívica, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)